Infoprodutos II. Deseña un lead magnet para aumentar os teus subscritores

Data Inicio:  21/04/2025 12:00    
Data Fin:  21/04/2025 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Lalín 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Sabes cal é a base dunha estratexia de márketing polo correo electrónico? Construir unha base de datos que funcione. Neste taller coñeceremos como aumentar os nosos contactos a través dos chamados “lead magnet”, regalos ou incentivos fundamentais para o crecemento óptimo de calquera negocio. Tamén afondaremos en como deseñalos e como incluir un formulario de subscrición na nosa web para facer medrar as nosas listas.

Índice de contidos:
1. Que son os lead magnet?
2. Como crear un formulario de subscrición?
3. Como deseñar un lead magnet

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Url do Evento: https://forms.gle/fGRHziQ64BpjYTHb9
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse