Crea unha páxina profesional con WordPress II

Data Inicio:  25/03/2025 12:00    
Data Fin:  25/03/2025 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Lalín 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Durante esta segunda parte do obradoiro, afondaremos en como crear formularios de contacto eficaces, integrar redes sociais e utilizar deseñadores de maquetación visuais para mellorar o deseño. Levaremos a túa páxina ao seguinte nivel!

Índice de contidos:
1. Formularios de contacto
2. Redes Sociais
3. Deseñador de maquetación visual
4. Ferramentas de SEO
5. Imaxes 
6. Protección de datos
7. Análise do tráfico web
8. Complementos recomendados
9.Woocommerce
10. A ter en conta

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Url do Evento: https://forms.gle/V49JpgKhoBR15JH88
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse