Evento
Novas tendencias en turismo: Turismo Petfriendly
Data Inicio: | 20/12/2023 17:00 | ||
Data Fin: | 20/12/2023 18:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro en liña a través de Zoom. O sector turístico evolucionou de forma rápida nos últimos anos dando resposta ás necesidades, preferencias e tendencias da sociedade, e entre elas destaca o turismo Petfriendly. Cada vez son máis as persoas que desexan viaxar coa súa mascota e estas persoas consideran fundamental que a súa mascota poida aloxarse na mesma habitación e acompañalos o máximo posible durante a viaxe. Trátase dun nicho de mercado cuxo auxe propicia o desenvolvemento dunha oferta especializada con infraestruturas, recursos, espazos. Por iso deseñar novas actividades e servizos pode supoñer unha oportunidade de chegar a novos clientes, desestacionalizar e mellorar o rendemento do noso proxecto turístico. Este obradoiro está dirixido a empresas turísticas de aloxamento, restauración diversos servizos de lecer e animación, axencias de viaxe, para viaxeiros, turistas e poboación local. Índice de contidos: . Introdución . Análise da oferta e da demanda de turismo Pet Friendly . Introdución ao marco legal. . Desenvolver unha proposta de servizos turísticos Pet Friendly . Boas prácticas e casos de éxito O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/KayNEYVgvPQNhSCx8 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse