CRO: Como mellorar as ventas da túa web

Data Inicio:  18/12/2023 12:00    
Data Fin:  18/12/2023 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Tes un sitio web que os usuarios visitan, pero as solicitudes de orzamento, as chamadas, as vendas, non chegan ou son menos das esperadas. A nosa web ou tenda en liña é unha ferramenta para conseguir unha serie de obxectivos como profesional ou empresa. Se non os estamos conseguindo é necesario saber por que e como podemos solucionalo. Aquí entra en xogo o CRO ( Conversion Rate Optimization ou Optimización do Cociente de Conversión). Neste obradoiro analizaremos este concepto, saberemos identificar porqué os usuarios non converten no noso sitio web e aprenderemos técnicas básicas, pero infalibles, para transformar visitantes en clientes.

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Url do Evento: https://forms.gle/MeXT9Cy2duvi2VQN6
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Febreiro 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento