Estratexias para mellorar as reservas directas do teu aloxamento

Data Inicio:  31/10/2023 17:00    
Data Fin:  31/10/2023 18:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Calquera negocio turístico ten como obxectivo conseguir mellorar os seus ingresos. Isto poderás facelo reducindo gastos como as comisións das plataformas de comercialización. Para iso terás que traballar as reservas directas dos teus clientes. Se estás nese punto, neste obradoiro darémosche consellos prácticos para implementar no teu aloxamento e conseguir maior rendibilidade a través das reservas directas.

1. Análise da venda dixital do teu negocio.
2. Análise da estrutura de custos, comisións e demanda.
3. Canles de venda.
4. Políticas para incentivar as reservas directas.

O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital.
Url do Evento: https://forms.gle/VZeeuzg6pMeb6qKt6
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Xullo 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento