Plan de investimentos no establecemento comercial

Data Inicio:  26/04/2023 12:00    
Data Fin:  26/04/2023 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Un plan de investimentos básico permítenos cuantificar o que custa poñer en marcha un negocio, así como diferenciar os servizos bancarios e as formas de financiamento dos investimentos.

Neste obradoiro trataremos:

 - Formas de financiamento da empresa
 - Axudas e subvencións para a creación de empresas
 - O plan económico-financeiro
 - A póliza de seguros
 - O alugueiro, a compra e o traspaso de locais comerciais

O obradoiro será impartido por Paz Ares, Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo na especialidade de economía pública, cun Máster en Formación do profesorado pola Universidade de Vigo, e experiencia profesional no sector financeiro e educativo.
Url do Evento: https://forms.gle/NSjqxYXm8jZ5Dcui9
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse