Cambados - A túa páxina web en menos de 90 minutos

Data Inicio:  19/01/2017 19:00    
Data Fin:  19/01/2017 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller  Temática:  Presenza en internet
 
Tipo de Solución:  Portais e Xestión de Contidos (ECM/CMS)
 
   
 
Obxectivos:
Neste obradoiro trataranse de mostrar os pasos técnicos necesarios para dispor dun espazo web propio en internet que nos proporcione unha imaxe de empresa, marca ou produto coa que identificarnos e diferenciarnos. Será “a nosa casa” na rede, onde usuarios e clientes poderán atopar os nosos datos de contacto e información de interese sobre os produtos e servizos que ofrecemos.

Contidos:
•	Diferenciemos o que é a web e o que é internet
•	A túa dirección web será a túa marca, escolle ben!
•	Non te enlees coas páxinas web, dedícate a crear os contidos
•	Teño un nome, sei quen son: ó choio! Exemplo de ferramenta coa que poder montar a túa web en 50 minutos
•	E, finalmente, como darnos a coñecer na rede

Relator: José Luis Taboada. Inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Xuño 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30