Vigo - A túa páxina web con WordPress (Continuacion)

Data Inicio:  25/01/2017 19:00    
Data Fin:  25/01/2017 19:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller  Temática:  Presenza en internet
 
Tipo de Solución:  Portais e Xestión de Contidos (ECM/CMS)
 
   
 
Obradoiro dirixido a usuarios de WordPress con un coñecemento básico que desexen afondar no uso das ferramentas necesarias para a creación e optimización da súa web co CMS WordPress.
Este obradoiro basease na premisa de que os asistentes están familiarizados con WordPress ou teñen asistido ao taller básico de WordPress.

Contidos:

• Xestión de usuarios
• Exportar e importar contido
• Actualizacións
• Plugins de interese
• Integración con redes sociais
• Formularios
• Ferramentas básicas de SEO e analítica
• Copias de seguridade
• Repositorios de temas

O ponente será Jorge Fernández, director de proxectos en Hacce. Licenciado en Publicidade e RRPP e Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo. Experiencia de máis de 9 anos realizando proxectos dixitais para empresas privadas de ámbito nacional e internacional, traballando para marcas como Estrella Galicia, Ramón Bilbao, Inveravante, La Voz de Galicia, PSA ou Paco&Lola.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Xuño 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30