Vigo - Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing

Data Inicio:  19/12/2016 19:00    
Data Fin:  19/12/2016 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller  Temática:  Publicidade, marketing on line e redes sociais
Correo electrónico e comunicacións web
 
     
 
Obxectivo: 
Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas.

Contidos:
•	Introdución ao E-mail Marketing
•	Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing
•	Deseño en E-mail Marketing
•	Ferramentas
•	Recomendacións para crear campañas perfectas

Relator: o obradoiro será impartido por Andrés Carrera, Inxeneiro Informático pola Universidade de Alcalá. Analista con máis de oito anos de experiencia no deseño, desenrolo e implementación de solucións software para empresas. Especialista en Aseguramento de Calidade do Software.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse