Evento
Cambados - Comercializa os teus servizos a través das redes sociais
Data Inicio: | 08/11/2016 19:00 | ||
Data Fin: | 08/11/2016 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Cambados | ||
Tipo de Evento: | Taller | Temática: | Publicidade, marketing on line e redes sociais |
Tipo de Solución: | Comercio Electrónico | ||
Obxectivo: Este obradoiro informativo está orientado a que autónomos e micropemes coñezan dunha maneira máis detallada o uso do medio de comunicación máis utilizado na actualidade: as redes sociais. Cunha gran penetración na poboación, estas teñen unha gran importancia nas relacións coa clientela e inflúen nas súas compras. Por iso é necesario coñecer as vantaxes que poden xerar nunha empresa a través das ferramentas e técnicas de venda dispoñibles neste medio, para construír unha imaxe positiva de marca cara ás nosas persoas consumidoras e clientela potencial. Contidos: • Factores para mellorar a túa presenza en internet • Introdución en redes sociais • SMP-Social Media Plan en redes sociais • Técnicas de vendas en redes sociais • Recomendacións de actuación • Casos de éxito: exemplos reais sobre éxito en redes sociais Relator: José Luis Taboada. Inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse