Ferramentas dixitais para restauración e hostelería

Data Inicio:  16/06/2020 11:00    
Data Fin:  16/06/2020 12:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom

No contexto actual a transformación dixital acelerouse no sector da hostelaría. As ferramentas dixitais convertironse nun aliado imprescindible para a reapertura e competitividade dos establecimentos de restauración. Reduceuse o aforo, non podemos entregar a carta, é necesario evitar o contacto físico, etc polo que necesitamos implementar novas ferramentas que nos faciliten formulas seguras, confiables e a vez sinxelas e áxiles.

Con solucións para a promoción, comercialización e distribución, a xestión, a seguridade, a operativa e a experiencia dos usuarios teñen aflorado multitude de aplicacións, programas de softwere e canles de comercialización online que chegaron para integrarse no noso día a día.

Contidos:
Cartas dixitais
Motores de reservas
Delivery e take away
Ferramentas de pago
Outras iniciativas de interese.

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballei como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Url do Evento: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSd0J_0eUFnvXCQ63DsNSIMkGoA8w-nJ9Dw8RWYEOkt7MPp3mA/viewform?usp=sf_link
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Xuño 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30