Evento
Vigo - Inbound Márketing
| Data Inicio: | 18/02/2020 19:00 | ||
| Data Fin: | 18/02/2020 21:00 | Duración: | 2:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Vigo | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Este taller dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o impacto que está a ter o Inbound Márketing. como unha forma de achegarse ao cliente, sempre poñéndoo no centro das estratexias e lembrando que quen necesita o noso produto/servizo non sempre están listos para comprar. O Inbound Márketing móstrase como un proceso de acompañamento ao cliente ao longo de todo o seu proceso de compra. Contidos: • Que é Inbound Márketing • Beneficios do Inbound Márketing • Como se articula o Inbound Márketing • Márketing de atracción • Como crear a túa buyer persoa ideal • A importancia do funnel ou embude de conversión • Tendencias en Inbound Márketing Nivel: Intermedio O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce. | |||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse