Evento
Lalín- Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet
Data Inicio: | 09/01/2020 18:00 | ||
Data Fin: | 09/01/2020 21:00 | Duración: | 3:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Lalín | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Woocommerce é unha ferramenta moi sinxela e intuitiva que permite poder montar unha tenda online cunha catálogo non moi amplo. É un plugin de WordPress de código aberto e gratuíto que che permitirá realizar e ter a túa tenda online. Neste obradoiro ensinámosche a instalalo, ver todas as súas características, pasarelas e formas de pago, así como incluír produtos e xestionar pedidos. Índice de contidos: - Elementos a ter en conta. - Instalación de Woocommerce e consideracións importantes. - Configuración de Woocommerce. - Produtos Simples. - Produtos Agrupados. - Produtos Externos/Afiliados. - Produtos Variables. - Plugins (seguridade, pedidos, campos…). O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse