Eventos
Eventos
Buscador
09/01/2020 17:00
Contido: 1. Que é un robót? – Tipos 2. Hardware, software e chasis 3. Placas controladoras, compoñentes da placa 4. Sensores e actuadores 5. Pin dixital e analóxico 6. Bitbloq 7. Led, pulsador 8. Servos de rotación continua 9. Sensor Infrarojos 10. Robot segue liñas O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
09/01/2020 18:00
Woocommerce é unha ferramenta moi sinxela e intuitiva que permite poder montar unha tenda online cunha catálogo non moi amplo. É un plugin de WordPress de código aberto e gratuíto que che permitirá realizar e ter a túa tenda online. Neste obradoiro ensinámosche a instalalo, ver todas as súas características, pasarelas e formas de pago, así como incluír produtos e xestionar pedidos. Índice de contidos: - Elementos a ter en conta. - Instalación de Woocommerce e consideracións importantes. - Configuración de Woocommerce. - Produtos Simples. - Produtos Agrupados. - Produtos Externos/Afiliados. - Produtos Variables. - Plugins (seguridade, pedidos, campos…). O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa
09/01/2020 19:00
Daremos a coñecer a ferramenta Whatsapp Business. Trátase da versión orientada a empresas da popular aplicación de mensaxería Whatsapp. Con esta app móbil, as empresas e negocios poden interactuar cos seus clientes dunha forma sinxela e profesional, xa que incorpora novas funcionalidades para organizar, automatizar e responder rapidamente as mensaxes. Índice de contidos • Introdución a Whatsapp • Whatsapp vs. Whatsapp Business • Novas funcionalidades • Whatsapp Márketing O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
09/01/2020 19:00
Obradoiro no que coñeceremos en profundidade Pinterest, unha rede social na que a imaxe o é todo. Baseada en taboleiros nos que compartir e gardar fotografías. Aprenderemos a sacarlle o máximo partido e como implementala na nosa estratexia de social media. Índice de contidos: • Introdución • Como crear unha conta en Pinterest • Primeiros pasos • Taboleiros • Que é e como se engade un pin? • Pinterest para negocios • Recomendacións O taller será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
09/01/2020 19:00
A fotografía de produto é o escaparate do noso local no mundo on- line, por iso debemos ser coidadosos á hora de realizar as nosas fotografías, coidar os detalles a luz e a composición son os factores máis importantes da nosa fotografía. Da calidade da nosa imaxe dependerá a capacidade de aceptación ou desexo de consumir os nosos produtos ou servizos. Neste taller repasaremos as claves e os elementos que debemos utilizar para realizar unha boa fotografía de produto. Recomendable traer cámara propia para realizar prácticas de fotografía de produto. Índice de contidos: 1. Que é a fotografía de produto? 2. Claves para conseguir a fotografía perfecta. 3. Que necesitamos para facer boas fotografías de produto? 4. Elementos para realizar as fotografías. 5. Requisitos de tendas on- line (tamaños, calidade, etc.) 6. Práctica de edición como programa on- line. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.