Evento
Vigo - Facebook para promocionar o teu negocio turístico
| Data Inicio: | 20/11/2018 17:00 | ||
| Data Fin: | 20/11/2018 19:00 | Duración: | 2:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Vigo | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Facebook é unha importante ferramenta de comunicación directa cos clientes potenciais e clientes. Implementando unha boa estratexia de márketing poderás atraer a un público máis cualificado e alongar a súa experiencia coa túa marca unha vez acabasen a súa viaxe, o que che permitirá acceder a máis segmento de mercado. Grazas á cantidade de información que ten dos seus usuarios, Facebook permite ás empresas turísticas dispoñer de información valiosa sobre os intereses e preferencias dos viaxeiros e mesmo dos lugares aos que viaxaron. Índice de contidos: - Introdución. - Guía rápida de creación da túa conta en Facebook para empresas. - Estratexias de márketing para aumentar a túa visibilidade. - Publicidade en Facebook: Facebook ads e “Suxestións de Viaxe”. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo. | |||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse
Rexistro
Calendario eventos
| « | Novembro 2025 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | |||||
| 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
| 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
| 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- Como empregar a IA para facer SEO03 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Ciberseguridade sen complicacións: protexe o teu día a día04 de novembro de 2025 11:00Máis información
- Copywriting I - Redes Sociais05 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Optimiza a túa estratexia de email márketing con Benchmark Email06 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Organiza, planifica e programa os teus proxectos I - Coñece Metricool10 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Deseño 3D para PYMEs: transforma o teu negocio dende dentro11 de novembro de 2025 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento