Evento
O Porriño - Mellora o impacto da túa web grazas a Google Analytics
Data Inicio: | 09/10/2018 18:00 | ||
Data Fin: | 09/10/2018 21:00 | Duración: | 3:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme O Porriño | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
A analítica web é unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento dos usuarios no noso sitio web para que podamos mellorar a súa experiencia e conseguir os nosos obxectivos. Obtendo esta información e interpretándoa correctamente, poderemos chegar á toma de decisións óptima e corrixir pautas para mellorar os nosos obxectivos comerciais. Neste obradoiro coñeceremos Google Analytics, a ferramenta de analítica web gratuíta máis estendida pola súa eficacia, capacidade de personalización e sinxeleza de implementación. Índice de contidos • Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web • Como funciona Google Analytics? • Creación dunha conta e código de seguimento • Conceptos e métricas básicas • Os obxectivos – Embudes de conversión • Informes estándar • Informes personalizados O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse