O Porriño - A importancia da presenza online para as empresas

Data Inicio:  13/09/2018 19:30    
Data Fin:  13/09/2018 20:15 Duración:  0:45
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Na era da información a Comunicación Dixital xoga un papel fundamental nas relacións humanas, revolucionando o modo no que nos relacionamos os uns cos outros. Isto non é diferente no que se refire ao ámbito empresas, unha boa percepción por parte dos clientes é un factor crave de éxito na actualidade.

Neste obradoiro aprenderás os conceptos básicos que che axudarán tanto a xerar a túa propia estratexia de Comunicación Dixital como a xestionar as devanditas comunicacións posteriormente, co obxectivo de que sexas capaz de mellorar a percepción que os teus clientes teñen da túa marca.

O obradoiro impartirase na sede de ACUBAM en Tomiño.

Índice de contidos:
- Contextualización da era dixital e como afecta á actividade empresarial 
- Como e con que temos que traballar para reforzar a nosa  marca e afianzar clientes en redes sociais
- Ferramentas que nos ofrece o mundo 2.0 para o noso negocio
- Boas prácticas na comunicación dixital: o que debemos e non debemos facer

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse