Evento
Cambados - A dixitalización do sector turístico
Data Inicio: | 22/03/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 22/03/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Cambados | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Trataremos a revolución do turismo a través das tecnoloxías móbiles, desde cómo se foron incorporando estas tecnoloxías á columna vertebral do sector ata como se foron implantando estas solucións no público xeral que consome produtos e destinos turísticos. Competir con produtos globais como Airbnb, Uber e un longo etcétera só é posible coñecendo profundamente o local, explotando ese coñecemento e dixitalizándoo para incorporarse como peixes nun océano a ese mar dixital. Coñecer estas claves é o obxecto desta charla de traballo. Casos prácticos: Vigoexperience (Guía de Vigo). Metrominuto Pontevedra (Promovendo a mobilidade). Calixtina e Camiña ( iBeacons e internet das cousas aplicados ás guías multimedia) App Terras de Pontevedra (Arte Rupestre en Pontevedra). Esta charla será impartida por Chiu Longina, antropólogo especializado en tecnoloxía e fundador do estudo Pumpún Dixital, un laboratorio de software e hardware pioneiro en proxectos en contornas de Computer vision, Mapped vídeo projection, síntese sonora, comunicación [ OSC] ou Realidade Aumentada. Membro fundador de portais como Mediateletipos.net, Artesonoro. org, Sinsalaudio, Alg-a. org ou Escoitar. org. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse