Evento
Cambados - CRM, o cliente como centro da estratexia de negocio
Data Inicio: | 26/03/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 26/03/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Cambados | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Este taller dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar os beneficios que reporta contar cunha ferramenta CRM como parte fundamental dunha estratexia de vendas. A xestión da relación cos clientes ( CRM) ofrece múltiples beneficios ás organizacións, permitíndolles xestionar o seu compromiso continuo e a interacción con clientes, clientes potenciais e socios estratéxicos. Índice de contidos: • Introdución • Concepto de CRM • Características • Obxectivos • Evolución • Tipos de CRM • Futuro • Arquitectura • Exemplo de CRM • Conclusión O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse