Eventos
Eventos
Buscador
26/03/2018 19:00
Este taller dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar os beneficios que reporta contar cunha ferramenta CRM como parte fundamental dunha estratexia de vendas. A xestión da relación cos clientes ( CRM) ofrece múltiples beneficios ás organizacións, permitíndolles xestionar o seu compromiso continuo e a interacción con clientes, clientes potenciais e socios estratéxicos. Índice de contidos: • Introdución • Concepto de CRM • Características • Obxectivos • Evolución • Tipos de CRM • Futuro • Arquitectura • Exemplo de CRM • Conclusión O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
26/03/2018 19:00
Curso básico sobre conceptos de web, enfocado na importancia dunha páxina profesional e os seus beneficios como empresa e o seu correcto posicionamento en internet a través de técnicas gratuítas. Índice de contidos • Conceptos básicos • Dominios, hosting… • Para que podo utilizar un dominio • .com vs. .es e outras extensións • Presenza en internet: • Beneficios • ¿Como o logramos? • SEO • Posicionamento interno • Posicionamento externo • Penalización en motores de procura O obradoiro será impartido por Ángel Garrido, Técnico de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos, especializado en deseño web, seo, sem, analítica, redes sociais e branding con máis de 4 anos de experiencia en asesoramento TIC
26/03/2018 19:00
Nesta sesión informativa daremos a coñecer a ferramenta Whatsapp Business. Trátase da versión orientada a empresas da popular aplicación de mensaxería Whatsapp. Con esta app móbil, as empresas e negocios poden interactuar cos seus clientes dunha forma sinxela e profesional, xa que incorpora novas funcionalidades para organizar, automatizar e responder rapidamente as mensaxes. Índice de contidos • Introdución a Whatsapp • Whatsapp vs. Whatsapp Business • Novas funcionalidades • Whatsapp Márketing O obradoiro será impartido por José Luis Peñas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.
26/03/2018 19:00
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar como organizar noso e- commerce a través da configuración das categorías, produtos, loxística e métodos de pago. Tamén veremos como configurar a nosa tenda a través dos pedidos e clientes. Índice de contidos • Categorías • Produtos • Loxística • Métodos de pago • Tenda configurada: Xestión de Pedidos e de Clientes • Recursos WEB O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.