Demostración de Solucións Tecnolóxicas para o Sector Comercio

Data Inicio:  23/01/2024 10:00    
Data Fin:  23/01/2024 11:30 Duración:  1:30
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Co propósito de impulsar a difusión do coñecemento e a adopción de servizos tecnolóxicos no sector comercial, o servizo SmartPeme da Deputación de Pontevedra organiza a Demostración de Solucións Tecnolóxicas do Sector Comercio. Durante este evento, varias empresas exhibirán as solucións tecnolóxicas que desenvolveron e que resultan aplicables ao devandito ámbito.

Esta iniciativa preséntase como un escaparate destacado para aquelas empresas interesadas en ofrecer servizos tecnolóxicos específicos para o comercio, brindándolles a oportunidade de mostrar as súas innovacións. Ademais, a Demostración de Solucións Tecnolóxicas do Sector Comercio facilitará o establecemento de novas relacións empresariais e a xeración de colaboracións entre os participantes que forman parte desta industria.

A xornada celebrarase o vindeiro martes, 23 de xaneiro, ás 10:00 horas e realizarase en formato en liña, a través da ferramenta Zoom, de forma que sexa posible facilitar a asistencia a todas aquelas persoas interesadas en acudir.

Para consultar calquera tipo de dúbida, tamén podes escribir a info.smartpeme@depo.es ou chamar ao teléfono 886 202 020.
Url do Evento: https://forms.gle/xkwPUn5KPFTiCCFv6
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse