Evento
Como crear unha marca persoal sólida no dixital
Data Inicio: | 20/09/2023 12:00 | ||
Data Fin: | 20/09/2023 13:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Vigo | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Como crear unha marca persoal sólida no dixital: O paso a paso para transformar a túa presenza en liña no imán do teu negocio Xa esteas a empezar co teu emprendemento ou dirixas a túa propia empresa, a túa marca persoal xoga un papel decisivo e impulsor para o teu negocio. O obxectivo da masterclass "Como crear unha marca persoal sólida no dixital" é proporcionar aos participantes unha folla de roteiro que lles axude a construír unha presenza dixital auténtica e sólida, coa que gañar visibilidade e atraer cliente en liña. Ao longo de 40 minutos Carla de Pont mostrarache os pasos e propoñerache unha serie de exercicios iniciais para que comeces a construíla con intención e de maneira xenuína de dentro cara a fóra. Na masterclass Como crear unha marca persoal sólida no dixital imos abordar os seguintes puntos: 1. Que é e que non é unha marca persoal. 2. Beneficios de crear con estratexia a túa marca persoal. 3. Os pasos esenciais para desenvolver unha presenza dixital sólida. 4. Proposta de exercicios iniciais para comezar a traballala con intención. A masterclass está deseñada para persoas emprendedoras e creadores de contido que queren converter a súa marca persoal no maior activo do seu negocio ou proxecto paralelo. O obradoiro impárteo Carla de Pont, mentora internacional de negocios dixitais de marca persoal, especializada en emprendemento en liña. A través de cursos, programas de mentoring e eventos, guía a profesionais de todo o mundo na creación, desenvolvemento e comunicación dos seus negocios dixitais de marca persoal. É doutora en comunicación, especializada en estratexia dixital, e docente en varios másteres universitarios de márketing dixital e marca persoal. A súa misión é poñer en valor o talento emprendedor e axudarlles a pasar á acción con claridade e foco, para que logren resultados de calidade no seu negocio. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/4JQursqShvcqKVqB9 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse
Rexistro
Calendario eventos
« | Xullo 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
- Impresión 3D no 2025, Slicers actuais 3/4, accións avanzadas01 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet02 de xullo de 2025 11:00Máis información
- O teu plan de márketing dixital paso a paso03 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Crea a túa páxina web con Elementor07 de xullo de 2025 11:00Máis información
- CRO: consegue que tu web venda (máis)08 de xullo de 2025 11:00Máis información
- Kit Dixital: como sacarlle o máximo proveito10 de xullo de 2025 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento