Axudas e subvencións

Beneficiarios: Sector comerciante retallista e artesanal galego
Entidade: Xunta de Galicia
Plazo: O prazo para a presentación de solicitudes será dende o 18 de xaneiro ao 18 de febreiro de 2016.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude (anexo IV) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es)
Estado: Finalizada
Web: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0424-281215-0005_gl.html

Descrición da axuda

Bases polas que se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para a mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego.

Requisitos

a) Comerciantes retallistas:
– Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social e fiscal radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.
b) Titulares de obradoiros artesanais:
– Que o obradoiro artesán figure inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
– Que fagan uso da marca «Artesanía de Galicia».
c) As federacións de comerciantes sen fins de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
d) As asociacións profesionais de artesáns de Galicia legalmente constituídas.
– Que polo menos 10 dos seus membros figuren inscritos no Rexistro Galego de Artesanía.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.

« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento