Axudas e subvencións

Beneficiarios: 1. Poderán ser beneficiarias aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto da actuación a financiar, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo.
c) Acheguen para a actuación unha contribución financeira mínima do 25% do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.

2. Para as modalidades de préstamo especificamente indicadas no Anexo I, poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas, agrupacións e as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do anterior apartado 1.
Entidade: IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica
Financiación: O préstamo poderá ser bilateral entre o Igape e a beneficiaria, ou sindicado con unha ou varias entidades de crédito.
O importe mínimo do préstamo será de 500.000 euros e o máximo de 5.000.000 euros.
O importe mínimo anterior non será de aplicación nos proxectos referidos no segundo parágrafo do apartado C.1) anterior.
En ningún caso superará o 50 % do custo do proxecto financiable.
Plazo: 30/12/2022
Estado: Activa - Vixente
Web: https://www.igape.gal/gl/axudas/axuda/832?return=aW5kZXgucGhwP29wdGlvbj1jb21fb3J0aWdhcGUmdmlldz1heHVkYXMjdWx0aW1hcy1heHVkYXM=#sp-main-body

Descrición da axuda

Financiar proxectos de novos investimentos, intervencións de ampliación da capacidade produtiva e/ou mellora de instalacións existentes, valorándose especialmente o aliñamento dos proxectos cos sectores prioritarios da Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0 e coa RIS3 Galicia.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.