Axudas e subvencións
Axudas e subvencións
Beneficiarios: | Poderán ser beneficiarios destas axudas, na forma de agrupación prevista no artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro: a) As empresas do sector turístico definidas no artigo 3 das bases reguladoras sempre que estean validamente constituídas, teñan personalidade xurídica propia e domicilio fiscal en España. b) Empresas cuxa actividade lles permita constituírse en socios tecnolóxicos e con experiencia demostrable no ámbito turístico. c) Poderán ser beneficiarias nos termos que establezan as correspondentes convocatorias e sempre que cumpran cos requisitos esixidos, as asociacións profesionais e empresariais, incluíndo federacións, confederacións e unións destas, legalmente constituídas e dadas de alta no Rexistro Correspondente de Asociacións e cuxo obxecto social e actividade teña relación directa co sector turístico. |
Entidade: | Ministerio de Industria, Comercio y Turismo |
Financiación: | a) Liña 1: Proxectos de desenvolvemento tecnolóxico innovadores que incorporarán tecnoloxías emerxentes ou de novo desenvolvemento con risco tecnolóxico medio/baixo. Os proxectos desenvolveranse baixo a modalidade de agrupación, sendo o orzamento mínimo de 500.000 euros e o orzamento máximo será de 5.000.000 de euros. Os proxectos que se desenvolvan baixo esta liña terán unha execución máxima de 18 meses. b) Liña 2: Proxectos de implantación e adopción de novas tecnoloxías que incorporarán tecnoloxías testadas previamente no mercado con risco tecnolóxico baixo.Os proxectos desenvolveranse baixo a modalidade de agrupación, sendo o orzamento mínimo de 300.000 euros e o orzamento máximo será de 750.000 euros.Os proxectos desenvolvidos na Liña 2 terán unha execución máxima de 12 meses. |
Plazo: | Un mes desde a publicación no Boletín Oficial do Estado do extracto da convocatoria. |
Estado: | Finalizada |
Web: | https://segittur.wolfcrm.es/newsletters/public/click.php?DELIVERY=4596e2215ab9eeaf7d5d61841caa7bd6d87d4b605af69264b52c81ce6c7a8a76&link=aHR0cHM6Ly93d3cuYm9lLmVzL2JvZS9kaWFzLzIwMjIvMDEvMDgvcGRmcy9CT0UtQS0yMDIyLTMzMS5wZGY= |
Descrición da axuda
O obxecto da convocatoria en réxime de concorrencia competitiva é impulsar proxectos de dixitalización de «última milla» a agrupacións de entidades cuxa actividade, ben sexa directa ou verticalizada, estea orientada ao sector turístico en xeral ou a calquera dos seus subsectores produtivos. En concreto preténdese mobilizar aqueles proxectos singulares e transformadores que cubran procesos e produtos facilmente escalables e replicables cunha clara orientación ao usuario final e que conteñan, entre outros, melloras na dixitalización e intelixencia aplicados á xestión, promoción, posta en valor e difusión para destinos e sector turístico.Aviso legal
- A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
- A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
- A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.
Rexistro
« | Setembro 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
- ChatBot, a automatización da atención ao cliente19 de setembro de 2024 11:00Máis información
- Primeiros pasos coa Administración Electrónica30 de setembro de 2024 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento