Eventos

Buscador

    a
Neste taller dedicado a empresas, persoas emprendedoras e autónomos do sector turístico e recreativo, compartiremos consellos e trucos sobre como optimizar as vosas experiencias en  Airbnb e aprenderemos a utilizar todas as ferramentas dispoñibles para que o voso negocio sexa competitivo na plataforma.

1. Logra que a túa experiencia sexa un éxito
2. Ferramentas para recibir máis reservas
3. Medidas de protección contra a  Covid 19
4. Preguntas e respostas 

Este taller será impartido por Federica Petruccio, market manager das experiencias Airbnb en España e Portugal. Desde 2018, encárgase de axudar aos anfitrións locais a facer crecer o seu negocio e a súa competitividade a través a creación e optimización das experiencias en  Airbnb
As redes sociais crecen cada día, e aos poucos van dando máis oportunidades para compartir contido realizado de diferentes formas, o contido audiovisual está en máxima tendencia, e fíxose un oco bastante importante en redes sociais. É a hora de comezar a xerar este tipo de contido, é interesante, dinámico e fácil de visualizar e compartir, moito máis viral que calquera outro contido.

É unha alternativa perfecta para comezar a traballar de maneira activa e profesional os nosos perfís de redes sociais.

VÍDEO MARKETING I – Contido audiovisual, a última tendencia.

Introdución ao vídeo márketing e á importancia de implementalo nas nosas redes sociais, centrareime sobre todo en Instagram xa que é a rede social que máis tráfico xera na actualidade, e ten máis opcións de compartir o contido.
1. Que é o vídeo márketing?
2. O vídeo márketing na contorna dixital.
3. Tipos de vídeos a realizar.
4. Consellos para a creación e gravación.
5. Material de uso en gravación.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Prestashop é un Sistema de xestión de contidos (CMS) libre e de código aberto, pensado para construír desde cero tendas en liña de comercio electrónico, para pequenas empresas ou grandes corporacións.
O obxectivo destes talleres é falar sobre o e- commerce e instalar a nosa tenda de  Prestashop, coñecela, cargar produtos, actualizala, adaptándoa ás necesidades do negocio.

Parte II:
• Coñece a túa tenda con  Prestashop
• Adapta a túa tenda en liña
• Venda e Xestión de clientes

O obradoiro será impartido por Guillermo  Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de  Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web,  Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.