Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom

Neste obradoiro exploraremos un camiño claro en Instagram: identificando o que funciona e o que non, aprendendo a crear estratexias decisivas e comprendendo as métricas máis básicas que fundamentarán as túas decisións.

Ao final, terás un método listo para implementar para a túa propia marca.

Índicede contidos:
1. O contido que se publicará próximamente en Instagram
2. Estratexias sinxelas que non complican as cousas
3. Das métricas ás decisións

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidad de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidad de A Coruña e un master en márketing dixital na UCM, con mais de 3 anos de experiencia en ecommerce e márketing dixital
Obradoiro telemático a través de Zoom

Este obradoiro práctico está deseñado para que pequenas empresas e emprendedores aprendan a crear a súa propia páxina web ou tenda online desde cero utilizando WordPress e o construtor visual Elementor. O obxectivo é dominar as ferramentas básicas —hosting, dominio e modelos— para construír un sitio profesional de forma rápida, visual e sen necesidade de coñecementos de programación.

Índice
Primeiros pasos: Conceptos de hosting e dominio.
Plataforma de traballo: Que é WordPress?.
Instalación técnica: Configuración de WordPress e o plugin Elementor.
Deseño visual: Uso de modelos e personalización con Elementor.
Conclusións: Optimización e mantemento da web.

O obradoiro será impartido por Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.

Calendario eventos

« Abril 2026 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30