Eventos

Buscador

    a
O mercado de aluguer vacacional está en auxe e pode ser unha boa oportunidade de negocio para os propietarios de  vivivendas e apartamentos. É necesario unha xestión con novas estratexias de comercialización e márketing  online para aumentar as reservas e o beneficio que xeran as mesmas aos empresarios.

Índice de contidos:
• Clasificación e requisitos legais
• Plataformas de comercialización  online
• Reservas e Check-in  online
• Como mellorar a experiencia do usuario

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola  Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola  Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Hoxe en día triunfa o contido efémero nas redes sociais: contidos numerosos, de consumo rápido e cunha calidade inferior á do contido permanente. Por que se fixo tan popular este formato? Neste taller responderemos a estas preguntas e coñeceremos como crear este tipo de contido a través das Historias ( Stories) de Facebook e  Instagram, sempre integrados na nosa estratexia de márketing. 

Índice de contidos:
• Importancia do contido efémero en  RRSS: As "" Stories""
• Facebook  Stories
•  Instagram  Stories
• Estratexia de contidos

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
O Social Media  Listening é unha ferramenta do márketing dixital que che permite crear contido co que crear  engagemente coa túa marca. Para iso supervísanse as conversacións en redes sociais co obxectivo de escoitar, analizar e mellorar os nosos produtos ou servizos adaptándoos ao consumidor.

Índice de contidos:
• Que é o Social Media  Listening?
•  Por que utilizalo? Vantaxes
•  Aspectos crave
•  Ferramentas
•  Casos de éxito
•  Recomendacións finais

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Entendemos publicidade nativa como o uso de anuncios de pago que, principalmente, aseméllanse co aspecto e formato dos medios onde aparecen. Non teñen unha aparencia de anuncio como tal, senón que parecen que forman parte do contido da páxina. Por iso, a clave deste tipo de publicidade é que non é  disruptiva, é dicir, expón ao lector a contidos publicitarios sen sobresaír de maneira molesta.

Por iso, neste taller aprenderase que é a publicidade nativa e como se pode aplicar ao noso negocio ou proxecto. 

Índice de contidos:
- Que é a publicidade nativa
- Vantaxes
- Como facer publicidade nativa
- Formatos
- Casos de éxito
- Conclusións 

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Con este taller coñecerás as pautas de como se planifica un evento en redes sociais e cales son os aspectos que debes ter en conta para organizalo, as accións que debes realizar na produción e na post-produción para promocionar o evento e que sexa todo un éxito.  

Os eventos son unha gran ferramenta de comunicación para o teu negocio xa que potencias a túa imaxe, fidelizas e captas novos clientes. Para facer unha promoción perfecta do teu evento -sexa cal for-, existen tres etapas fundamentais, as cales teñen o seu lugar nas redes sociais. 

Índice de contidos:
• Factores a ter en conta antes de organizar un evento (Tipos de evento, público obxectivo, creatividade, programa do evento, etc)
• Fase de  pre-evento en redes sociais: planificación e preparación 
• Acciones durante o evento (creación de  hashtag, como usar Facebook  Live,  Periscope ou  Stories)
•Accións post-evento (Agradecementos, monitoraxe de  hashtag, reporte de actividade  online

O obradoiro será impartido por José Luis Penas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.