Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Neste obradoiro faremos unha breve introdución ao Copywriting e as técnicas de escritura que podemos aplicar para crear textos que vendan mellor os teus servizos. Trátase de utilizar palabras que conecten cos viaxeiros e así poidas convertelos en clientes do teu destino, aloxamento ou actividade turística que organices. Estes textos serán un dos elementos máis importantes na túa estratexia de comunicación dixital.

Índice de contidos:

-Que é o copywriting?
-Beneficios que achega ao teu negocio
-Técnicas e pasos a seguir
- Exemplo e boas prácticas

O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital.
Obradoiro en liña a través de Zoom.

O sector turístico evolucionou de forma rápida nos últimos anos dando resposta ás necesidades, preferencias e tendencias da sociedade, e entre elas destaca o turismo Petfriendly. Cada vez son máis as persoas que desexan viaxar coa súa mascota e estas persoas consideran fundamental que a súa mascota poida aloxarse na mesma habitación e acompañalos o máximo posible durante a viaxe. Trátase dun nicho de mercado cuxo auxe propicia o desenvolvemento dunha oferta especializada con infraestruturas, recursos, espazos. Por iso deseñar novas actividades e servizos pode supoñer unha oportunidade de chegar a novos clientes, desestacionalizar e mellorar o rendemento do noso proxecto turístico. Este obradoiro está dirixido a empresas turísticas de aloxamento, restauración diversos servizos de lecer e animación, axencias de viaxe, para viaxeiros, turistas e poboación local.

Índice de contidos: 
. Introdución 
. Análise da oferta e da demanda de turismo Pet Friendly
. Introdución ao marco legal. 
. Desenvolver unha proposta de servizos turísticos Pet Friendly 
. Boas prácticas e casos de éxito

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.

Calendario eventos

« Decembro 2023 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento