Eventos
Eventos
Buscador
04/05/2022 18:00
Obradoiro telemático a través de Zoom No mundo dixital, as imaxes e elementos visuais cobran máis protagonismo cada día, polo que simplificar a información e convertela nunha serie de estímulos visuais pode ser a clave para o noso éxito dixital. A infografía é "a representación visual de información e datos" unha colección de imaxes, gráficos e texto sinxelo (minimalista) que resume un tema para que poida ser comprendido facilmente. Basicamente é un resumo visual dun tema específico se ten explicacións sinxelas ou datos representados. Neste obradoiro aprenderemos que tipos de infografías fas, que vantaxes teñen para o noso negocio e incluso recursos e como crealas con Canva. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.