Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Iniciamos unha nova serie de obradoiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva.

“Ciberseguridade, Antivirus, actualización do software”, o obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer dous das contramedidas básicas que debemos tomar, a necesidade de ter todo o software actualizado para corrixir vulnerabilidades, a utilización e elección dun antivirus, cal e por que.

Índice de contido

- Actualización de software
- Antivirus, cal e por que

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación.
Obradoiro informativo co obxectivo de dar a coñecer a existencia do FabLab no punto SmartPeme de Barro. Presentarase o obxectivo polo que foi creado este laboratorio, ademais de explicar todas as actividades que se realizan nel.

Índice de contido:

1 - Que é o CPED (Centro Provincial de Economía)?
2 - Obxectivos do CPED, a que tipo de usuario está dirixido.
3 - O FabLab, dotacións.
4 - Calendario de actividades para o ano 2024.
5 - Contacto, onde estamos.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo obradoiro de formación.





Obradoiro telemático a través de Zoom.

O obxectivo deste taller é dar a coñecer a importancia de ter os nosos datos apoiados cunha copia de seguridade, non só pola posibilidade de ser vítima dun ransomware, senón tamén pola posibilidade de ter outro tipo de incidentes como un roubo, unha inundación ou unha subida de tensión na rede eléctrica.

Índice de contidos:

-Por que facer unha copia de seguridade.
-Copias de seguridade, Duplicati.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

En España hai 20 millóns de usuarios de Instagram que pasan unha media de case unha hora na aplicación consumindo fotos e vídeos.
Se tes unha casa rural, vivenda turística ou un pequeno hotel podes utilizar esta rede ao teu favor para chegar a máis clientes.

Neste obradoiro falaremos de:

1. Como funciona o algoritmo de Instagram e como utilizalo ao noso favor
2. Como facer Stories e para que sirven
3. Que é un Reel e como funcionan
4. Vender a través de Instragram Shop
5. Outras ferramentas: Instragram Guides

O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital
Capcut é a nova ferramenta en liña para crear vídeos, deseños e con IAs moi potentes; na terceira e última parte do itinerario veremos as intelixencias artificiais que nos ofrece, cómo funcionan e se realmente lle podemos sacar partido para os nosos negocios.

Índice:
1- Qué é Capcut en liña.
2- IAs que nos ofrece.
3- Cómo funcionan.
4- Ten vantaxes para o noso negocio?

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Iniciamos un novo itinerario formativo co obxectivo de mostrar e divulgar as distintas ferramentas xa dispoñibles con Intelixencia Artificial Xerativa, faremos 3 obradoiros formativos, un dedicado a ferramentas xerativas de texto, outro a ferramentas xerativas de imaxe e un terceiro con ferramentas xerativas de vídeo.

“Ferramentas de texto con IA – Chat GPT, Gemini e Mixtral.” É un obradoiro formativo para coñecer e comezar a utilizar ferramentas que usan modelos de IA xerativa de textos como Chat GPT, Gemini de Google e Mixtral de código aberto e execución en local, veremos algunhas recomendacións para xerar prompts e diversos exemplos de xeración de textos.

Índice de contidos:
- Que é Chat GPT e os modelos de IA xerativa de texto?
- Como interactuar con modelos de IA xerativa de texto
- Chat GPT
- Gemini Pro
- Mixtral, a opción de código aberto
- Exemplos de uso

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación.





O xoves 14 de marzo, ás 17:00 horas, celebrarase o networking de empresas turísticas. Este obradoiro terá lugar presencialmente na sala de xuntas, planta 0 do Pazo Provincial en Pontevedra. O evento constará de dúas partes: primeiro, desfrutaremos dunha charla informativa dirixida pola poñente María Agustina Pereira, xerente de SI SUBVENCIONES, quen compartirá información valiosa sobre as liñas de financiamento dispoñibles para o sector turístico. Despois, levarase a cabo unha sesión de networking na que todas as persoas asistentes terán a oportunidade de presentarse brevemente. O cupo é limitado a 25 participantes como máximo.
Iniciamos unha nova serie de obradoiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos ter en conta, o formato é de 30 minutos como máximo e unha frecuencia semanal para favorecer un aprendizaxe fácil e progresivo.

“Ciberseguridade. Cifrado do PC, BitLocker” o obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer a importancia de ter os nosos datos cifrados e por que. A ferramenta que usaremos para cifrar o noso ordenador é BitLocker, veremos como funciona e como podemos instalala.

Índice de contido:

- Por que cifrar o PC.
- Que é BitLocker.
- Instalación de BitLocker.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Neste obradoiro coñece as diferentes axudas e subvencións abertas e programadas en Galicia. Existen solucións para empresas de calquera tamaño, industria ou sector das que poderías beneficiarte. Anticípate e prepárate para poder solicitalas con maior garantía de éxito.

 Índice de contidos:
•	Axudas para poñer en marcha o teu negocio
•	Axudas para a consolidación e impulso
•	Axudas para a dixitalización e modernización da túa empresa
•	Outras Axudas. 

O obradoiro será impartido por María Agustina Pereira, estudou ciclo superior en Administración e finanzas e actualmente é xerente da empresa SI SUBVENCIONES. Nos últimos anos traballou como técnica de proxectos asesorando e tramitando axudas e subvencións a empresas e emprendedores.
Iniciamos un novo itinerario formativo co obxectivo de mostrar e divulgar as distintas ferramentas xa dispoñibles con Intelixencia Artificial Xerativa, faremos 3 obradoiros formativos, un dedicado a ferramentas xerativas de texto, outro a ferramentas xerativas de imaxe e un terceiro con ferramentas xerativas de vídeo.

“Ferramentas de imaxe con IA – Stable Diffusion, Dall-E 3, outros modelos.” É un obradoiro formativo para coñecer e comezar a utilizar ferramentas que utilizan modelos de IA xerativa de imaxe como Stable Diffusion, Dall-E 3, veremos algunhas recomendacións para xerar prompts e diversos exemplos de xeración de textos.

Índice de contidos:

- Que son os modelos de IA xerativa de imaxe?
- Como interactuar con modelos de IA xerativa de imaxe
- Stable Diffusion Web
- Dall-E 3 con Bing
- Outros modelos
- Exemplos, Inpainting, Outpainting

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación.




1  2  Seguinte