Eventos
Eventos
Buscador
13/03/2024 12:00
Capcut é a nova ferramenta en liña para crear vídeos, deseños e con IAs moi potentes; na terceira e última parte do itinerario veremos as intelixencias artificiais que nos ofrece, cómo funcionan e se realmente lle podemos sacar partido para os nosos negocios. Índice: 1- Qué é Capcut en liña. 2- IAs que nos ofrece. 3- Cómo funcionan. 4- Ten vantaxes para o noso negocio? O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.