Eventos
Eventos
Buscador
15/04/2021 18:00
Obradoiro emitido por Zoom Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado. Índice de contidos: 1- Instalación de WordPress 2- Configuración básica 3- Manexo dos temas 4- Engadir entradas ao blogue 5- Engadir páxinas 6- Xestión de plugins e widgets 7- Xestionar comentarios 8- Actualizacións 9- Formularios 10- Copias de seguridade Nivel: intermedio O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce. Inscricións a través da seguinte ligazón:
20/04/2021 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cércana formando unha comunidade activa arredor da mesma. Neste taller adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos. Índice de contidos • Estratexia de contidos • Marcas nas que inspirarte Nivel: iniciación O taller será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Inscricións a través da seguinte ligazón:
21/04/2021 11:00
Obradoiro impartido por Zoom O mercado de aluguer vacacional está en auxe e pode ser unha boa oportunidade de negocio para os propietarios de vivivendas e apartamentos. É necesario unha xestión con novas estratexias de comercialización e márketing en liña para aumentar as reservas e o beneficio que xeran as mesmas aos empresarios. Índice de contidos: • Clasificación e requisitos legais • Plataformas de comercialización en liña • Reservas e Check-in en liña • Como mellorar a experiencia do usuario O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo. Inscricións na seguinte ligazón:
22/04/2021 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Índice: Conceptos básicos Que é o Blockchain Vinculación co Bitcoin Identidade Dixital Smart Contract Exemplos de uso O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación. Inscricións a través da seguinte ligazón:
22/04/2021 18:00
Obradoiro impartido mediante Zoom Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado. Índice de contidos: 1- Instalación de WordPress 2- Configuración básica 3- Manexo dos temas 4- Engadir entradas ao blogue 5- Engadir páxinas 6- Xestión de plugins e widgets 7- Xestionar comentarios 8- Actualizacións 9- Formularios 10- Copias de seguridade Nivel: intermedio O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce. Inscricións na seguinte ligazón:
27/04/2021 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom As persoas consumidoras de hoxe en día sinten que as cuestións éticas son cada vez máis importantes. Tanto é así, que estas mesmas persoas apoian firmemente ás empresas que incorporan valores significativos na súa actividade principal. Neste Obradoiro, analizaremos de cerca a sostibilidade e como se desenvolve tanto para os negocios como para o marketing. Como son as empresas sostibles e como pode o marketing sostible axudalas a ter éxito? ÍNDICE: 1. Que é o marketing sostible 2. Boas prácticas 3. Casos de éxito O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa. Inscricións a través da seguinte ligazón:
28/04/2021 12:00
Obradoiro transmitido por Zoom Desde a súa popularización, o fin último das redes sociais non foi a venda directa, senón o “social selling”. É dicir, a súa utilización por parte de negocios ou profesionais consistía en conectar e fomentar conversacións con posibles clientes e clientes, co fin de establecer unha relación de confianza e acompañalos no proceso de compra. Pero, e se unha vez afianzada esta relación de confianza, sen saír da rede social, permitimos que os nosos clientes dispoñan do noso catálogo de produtos para a súa compra (case) directa? Dous das redes con máis usuarios activos na actualidade, Facebook e Instagram, xa o permiten, e neste taller veremos os requisitos, configuración e estratexias para implementar o noso catálogo de produtos en Facebook e poder compralo directamente desde as nosas publicacións en Facebook e Instagram. Índice de contidos: - Introdución: As RRSS como ferramenta de venda directa - Crea a túa tenda en Facebook - Vende a través de Instagram - Exemplos de éxito O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital. Inscricións na seguinte ligazón:
28/04/2021 17:00
Obradoiro transmitido por Zoom Aprenderás con estos plugins ou complementos de Wordpress a ter unha web moito máis robusta, xa que con eles podemos perfeccionar ou directamente agregar funcionalidades á nosa web. Poderemos realizar diferentes tarefas en áreas como: Funcións de administrador do site, google, redes sociais, ecommerce, SEO, correo electrónico, galería de imaxes, analítica, idiomas, entre outros. De seguro que poderás mellorar a túa web e ampliar os teus coñecementos á hora de coñecer todo este tipo de axudas e vantaxes. Índice de contidos: •Que é un plugin ou complementos de WordPress? •Categorías de plugin ou complementos en WordPress. •Como usar un plugin ou complementos. •Listas de plugin ou complementos, máis usados, función. •Edición dun plugin. O obradoiro será impartido por Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.
29/04/2021 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Obxectivo Concienciar ao usuario de que existe un perigo real de sufrir un ciberataque, que medidas básicas debemos adoptar, proposta do uso dunha VPN gratuíta e asesoramento en configuración. 1. Ciberataques, que é un ciberataque. 2. Mapa mundial de ciberataques. 3. Obxectivos dos ciberdelincuentes. 4. Como podemos protexernos. 5. VPN gratuítas. 6. Configuración de Proton VPN. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación. Inscricións a través da seguinte ligazón:
29/04/2021 18:00
Obradoiro telemático impartido por Zoom O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online. Inscricións na seguinte ligazón:
Rexistro
Calendario eventos
« Abril 2021 »
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- Como utilizar Instagram para promover a túa empresa II20 de abril de 2021 12:00Máis información
- Xestión e comercialización de vivendas e apartamentos turísticos21 de abril de 2021 11:00Máis información
- Blockchain: a tecnoloxía que pode cambiar o mundo22 de abril de 2021 12:00Máis información
- Crea unha páxina profesional con WordPress II22 de abril de 2021 18:00Máis información
- Márketing sostible27 de abril de 2021 12:00Máis información
- Vende os teus produtos enFacebook e Instagram28 de abril de 2021 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento