Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom

Booking.com é o principal portal en liña na venda de aloxamento no noso país. É a maior OTA, Axencia de viaxes en liña, tanto por ingresos como por pernoitas. Booking, conta con 430 millóns de usuarios anuais e máis de 1 millón de reservas por día. Este portal en liña visibiliza anuncios de propiedades en máis de 227 cidades, está dispoñible en máis de 40 idiomas e recibe 4,5 millóns de reservas á semana.
Este obradoiro está orientado a persoas emprendedoras, persoas autónomas e a empresas do sector turístico no que abordaremos cómo crear e optimizar anuncios de aloxamentos e cáles son as condicións e vantaxes de formar parte desta plataforma dixital.

Contidos:
1. Introdución
2. Crear anuncios de aloxamentos.
4. Optimización de nuncios.
5. Boas prácticas.

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Obradoiro Presencial no punto SmartPeme de Cambados (Centro ExpoSalnés, Paseo da calzada s/n, 36630 - Cambados)

O obxectivo deste obradoiro é o de dar a coñecer as principais tendencias tecnolóxicas para o 2023, faremos un lixeiro repaso ás tecnoloxías emerxentes e a como evolucionaron outras xa existentes como o Blockchain ou a Impresión 3D. 

Dunha maneira máis ampla abordaremos o tema da creación de imaxes e textos con algoritmos de intelixencia artificial, veremos a evolución nos últimos meses, faremos un repaso sobre as principais aplicacións e exporemos unha serie de demos prácticas.

Para finalizar, faremos unha visita á Realidade Virtual e mostraremos algunhas das aplicacións que xa se poden utilizar en eventos empresariais e que se poden probar nas Experiencias Inmersivas que levamos a cobo no FabLab de Barro.

Índice de contidos

1-Tendencias 2023
2-Novos algoritmos de IA, imaxes e textos
3-Demo Realidade Virtual

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.

Obradoiro telemático a través de Zoom

O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer a ferramenta de Google, enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade.
Perfil de empresa de Google está pensado para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Xeolocalización e as procuras que a súa potencial clientela poidan facer, empregando o buscador de Google.

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
Obradoiro telemático a través de Zoom

Este obradoiro ten o obxectivo de dar a coñecer ao asistente os riscos aos que estamos expostos ao navegar por internet. A dixitalización, a crise sanitaria e a actual guerra son o campo de batalla perfecto para que os ciberdelincuentes despreguen todo o seu potencial delituoso e debemos de ser coñecedores deste tipo de riscos.

Índice de contido

- Ciberataques, que é un ciberataque.
- Mapa mundial de ciberataques en tempo real.
- Obxectivos dos ciberdelincuentes.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Este obradoiro está dirixido a pemes e autónomos, e tratará de dar a coñecer diversas utilidades relacionadas coas xestións administrativas coas administracións públicas (AAPP). O obxectivo principal deste obradoiro é dar a coñecer a obtención, utilización e aplicación das devanditas ferramentas e entre elas veremos todas as utilidades do DNI electrónico ( DNIe) e do certificado dixital ademais de querer aprender as súas vantaxes prácticas nos Primeiros pasos na Administración Electrónica.

Índice:

• Introdución á e-administración Beneficios do Inbound Marketing
• Que é un Certificado Dixital?
• Para que serve un Certificado
• Como obter o noso Certificado Dixital
• Que é o DNI Electrónico
• Que é Cl@ve Identidade electrónica para as administracións
• Chave 365
• Asina dixital


O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Neste obradoiro relatarase como é o proceso de posta en marcha dun novo negocio.
A constitución dunha empresa é un trámite que sempre xera custos. E non só custos monetarios, senón tamén un custo primordial de tempo, que é o recurso laboral máis valioso que posúe todo emprendedor.

Con tal de aforrar en ambos os sentidos, é necesario ter coñecementos dos  pasos e trámites que se deben levar a tanto para a creación dunha empresa como para o alta como empresario individual ou autónomo.

ÍNDICE

1.Que é unha empresa
2.Clasificación das empresas
3.Tramites coa Administración

O obradoiro será impartido por Paz Ares, Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo na especialidade de economía pública, cun Máster en Formación do profesorado pola Universidade de Vigo, e experiencia profesional no sector financeiro e educativo.
Presencial no punto SmartPeme de O Porriño (Multicentro Ayuntamiento de O Porriño, Ribeira s/n, Torneiros, 36410 - O Porriño).

O obxectivo deste obradoiro é o de dar a coñecer as principais tendencias tecnolóxicas para o 2023, faremos un lixeiro repaso ás tecnoloxías emerxentes e a como evolucionaron outras xa existentes como o Blockchain ou a Impresión 3D.

Dunha maneira máis ampla abordaremos o tema da creación de imaxes e textos con algoritmos de intelixencia artificial, veremos a evolución nos últimos meses, faremos un repaso sobre as principais aplicacións e exporemos unha serie de demos prácticas.

Para finalizar, faremos unha visita á Realidade Virtual e mostraremos algunhas das aplicacións que xa se poden utilizar en eventos empresariais e que se poden probar nas Experiencias Inmersivas que levamos a cobo no FabLab de Barro.

Índice de contidos

1-Tendencias 2023
2-Novos algoritmos de IA, imaxes e textos
3-Demo Realidade Virtual

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

A comunicación é a base de toda estratexia, e a comunicación efectiva a metodoloxía 
que logra de forma eficiente cerrar ventas, facendo rendibles os obxectivos de 
visibilidade, captación e fidelización de clientes.

Índice 
- Atención plena, observación e escoita activa 
- Todo comunica; corporalidade consciente (linguaxe non verbal) e linguaxe verbal 
- Comunicación asertiva para un entendemento efectivo
- O cliente, o máis importante? 
- Comunicación dentro da estratexia; persuasión admisible eticamente e empatía 
- Estratexias de visibilidade grazas á mellora da comunicación 
- Visibilidade máis alá das redes sociais

Isabel Rodríguez, consultora e coach empresarial, con 15 anos de experiencia, especializada na sustentabilidade de negocios, facéndoos rendibles a longo prazo a través das análisis económicas, da organización interna para unha xestión eficaz da actividade e da comunicación efectiva.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Iniciamos unha nova serie de talleres de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva.

“Ciberseguridade, que é o Malware”, o obxectivo deste taller é dar a coñecer ao asistente que é o Malware, que tipos de Malware empregan os ciberdelincuentes, como podemos saber se estamos infectados ou como me infectei dun Malware.

Índice de contido

- Que é o Malware.
- Tipos de Malware.
- Como saber se estamos infectados.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

As redes sociais crecen cada día, e aos poucos van dando máis oportunidades para compartir contido realizado de diferentes formas, o contido audiovisual está en máxima tendencia, e fíxose un oco bastante importante en redes sociais. É a hora de comezar a xerar este tipo de contido, é interesante, dinámico e fácil de visualizar e compartir, moito máis viral que calquera outro contido.
É unha alternativa perfecta para comezar a traballar de maneira activa e profesional os nosos perfís de redes sociais.

VÍDEO MARKETING II – Animacións e gifs feitas con fotografía de produto.

En ocasións temos fotografías de produto sinxelas e que mostran o produto sen máis, engadir algún efecto, gif, ou animación dálle ao noso contido un efecto diferente e poténciao, aprenderás a facer este tipo de animacións con ferramentas sinxelas.
1. Tipos de vídeos ou gifs a realizar.
2. Preparación de recursos gráficos (recorte de elementos, fotos e logo).
3. Animación e gifs con canva.
4. (Outras apps ou programas para gifs ou animacións).

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Anterior  1 2  3  Seguinte

Calendario eventos

« Maio 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31