Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

O obxectivo deste taller é dar a coñecer a importancia de ter os nosos datos apoiados cunha copia de seguridade, non só pola posibilidade de ser vítima dun ransomware, senón tamén pola posibilidade de ter outro tipo de incidentes como un roubo, unha inundación ou unha subida de tensión na rede eléctrica.

Índice de contidos:

-Por que facer unha copia de seguridade.
-Copias de seguridade, Duplicati.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
07/11/2023 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Sabías que as redes sociais poden axudarche a mellorar o posicionamento SEO da túa páxina web? Google cada vez ten máis presente outras fontes de tráfico para posicionar no seus resultados de búsqueda.

1. Axudan as redes sociais a posicionarse en Google?
2. Mellores redes sociais
3. Tipos de contenido para mellorar o SEO
4. Casos reais
5. Conclusións

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

As viaxes e escapadas na actualidade poñen o foco en lugares cercanos e a gastronomía é un elemento fundamental de atracción en Rías Baixas. A oferta gastronómica ten un papel clave na imaxe, o posicionamento e competitividade dos destinos turísticos. Sen dúbida o sector gastronómico ten experimentado un gran crecemento nos últimos anos e hoxe en día a gastronomía está ao alcance de calquera que desexe vivir unha experiencia gastronómica. Isto fai que a competencia sexa moi elevada nun contexto de baixada do consumo e permanecer na mente dos consumidores non é unha tarefa fácil. Para iso faise imprescindible a creación dunha verdadeira experiencia gastronómica capaz de atraer á clientela e internet facilítanos múltiples canles para promocionar e comercializar esta oferta.

Contidos:

Introdución
Apps e directorios
Portales online para a venda de experiencias gastronómicas.
Portales de compra colectiva, bonos e cofres regalo
Chef e restaurante a domicilio.


O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Iniciamos o 18 de setembro un novo itinerario formativo dedicado aos modelos de Intelixencia artificial que se ocupan do procesamento da linguaxe natural (NLP) e de ferramentas que xurdiron como Chat GPT.

Este itinerario consta de 6 talleres online de 1 hora de duración cada un, o obxectivo é que a persoa usuaria coñeza e iníciese no manexo das novas ferramentas gratuítas baseabas en IA, Chat GPT e Stable Diffusion.

6º Taller: As IA que veñen, Copilot de Microsoft, Adobe Firefly, debate sobre o traballo e as IA xenerativas.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Iniciamos unha nova serie de obradoiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva.

“Ciberseguridade, dispositivos móbiles”, o obxectivo deste obradoiro é o de ver a importancia de protexer os dispositivos móbiles, cada vez somos máis dixitais e a tendencia é que os dispositivos móbiles están a desprazar aos PC na xestión cotiá no noso negocio, por tanto cobra unha especial relevancia o protexelos da mellor maneira posible.

Índice de contido:

-Consideracións sobre PC e dispositivos móbiles
-Como protexer os dispositivos móbiles


O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
En nadal a imaxe do noso produto cobra aínda máis importancia, debemos tentar atopar e transmitir o estilo propio do noso produto/marca/servizo para conseguir resaltar entre a multitude este nadal. Aprenderemos a entender o nadal, a compoñer e enfocar a nosa fotografía de forma que atopemos ese estilo que realce o noso produto.

Índice de contidos:
1. Características de unha imaxe Navideña.
2. A imaxe e o cliente.
3. Tipos de cámaras, e como sacarlle partido.
4. Regra dos tercios.
5. Composición na fotografía.
6. Atrezzo e tips.
7. Efecto Bokeh.


O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Traballar o SEO é a mellor forma de que os usuarios de Google poidan atoparche por medio das procuras que realizan. Neste primeiro taller achegarémonos aos conceptos básicos que o compoñen e veremos o proceso de transformación dun sitio web para mellorar o posicionamento nos principais buscadores, aumentando así o tráfico de usuarios ou clientes.

Índice Contidos

1. Introdución e Conceptos Básicos SEO.
2. Que son e para que serven as palabras crave? Deseña a túa estratexia.
3. Factores SEO técnico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
En primeiro lugar, comentar que é un taller experimental, realizarémolo desde a plataforma Horizon Workroms nunha contorna virtual. Horizon Workroms é unha ferramenta que permite realizar reunións, eventos de empresa de modo presencial representado cun avatar ou de modo telemático mediante a pantalla do dispositivo.

O Obxectivo do taller é a de utilizar a ferramenta Horizon Workrooms para mostrar o seu funcionamento e posibilidades de utilización. É unha ferramenta xa dispoñible de maneira gratuíta que nos permite realizar eventos de forma virtual ou mixta.

É posible asistir a este evento de maneira virtual se o usuario dispón dun visor RV e unha conta de Workrooms, neste caso debe indicalo con antelación para incluílo na sala.

Se non se dispón de visor RV pódese asistir como convidado desde o PC, non vale dispositivo móbil, para o que uns minutos antes do evento enviaráselle unha invitación coas instrucións para conectarse.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

O segundo obradoiro dedicado ao SEO tratará sobre os factores externos que afectan á nosa páxina web e que inflúen no seu posicionamento e veremos as mellores prácticas SEO e a forma de medilas con analítica web para comprender e mellorar os resultados.

Índice Contidos

1. Factores SEO Semántico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización.
2. Acciones SEO fora da páxina web: ligazóns externas e estratexias de linkbuilding.
3. Introdución á analítica web e guía de boas prácticas á hora de posicionar a nosa web

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Os negocios turísticos só poden entenderse a través das relacións entre persoas, por iso é relevante, especialmente no mundo dixital, comunicarche cos teus clientes.

Este taller ten como obxectivo aprender como dar a coñecer a túa empresa, os teus servizos e valores mediante o correo electrónico.

Coñeceremos as vantaxes de utilizar esta técnica de Marketing, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado das mesmas.


Índice:

1. Que son e para que sirven as promocións

2. Como crear promocións

3. Diseña a túa estratexia de promoción

4. Ferramentas para realizar campañas

5. Recomendacións para campañas do Nadal

O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital.
1  2  Seguinte

Calendario eventos

« Novembro 2023 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30