Eventos

Buscador

    a
A AI aplicada ao recoñecemento de imaxes é un dos campos de aplicación máis interesantes desta tecnoloxía. Iniciamos un novo itinerario formativo de Intelixencia Artificial cun formato mixto de tres talleres en liña e dúas prácticas presenciais no FAB LAB de Barro. O obxectivo deste novo itinerario é o de iniciarse nos procesos de clasificación de imaxes empregando unha rede neuronal –ResNet 18 – e unha placa de desenvolvemento Jestson Nano. Veremos en liña os conceptos necesarios e realizaremos 2 prácticas de 3 h. cada unha coa intención de que o usuario sexa capaz de configurar unha rede neuronal para as tarefas de clasificación de imaxes, recoñecemento de expresións faciais e o movemento autónomo dun robot de adestramento. Expedirase un diploma de asistencia ao itinerario para o cal será necesario asistir ao 100% dos talleres.

Índice de contidos 

1- Comezos da AI 
2- Evolución 
3- Primeira clasificación 
4- Machine Learning e os seus usos 
5- Deep Learning e os seus usos