Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

A analítica web resulta fundamental á hora de coñecer que sucede no noso sitio web e se está aliñado cos nosos obxectivos de negocio. As ferramentas de analítica permiten descubrir que fai un usuario desde que entra na nosa web ata que a abandona. Neste taller veremos como utilizar a nova ferramenta Google Analytics 4 para medir o comportamento dos usuarios e transformar os datos do noso sitio web en coñecemento para tomar mellores decisións de negocio.

Índice:
1. Importancia da analítica web
2. Google Analytics 4: como funciona e implementación
3. Informes de Google Analytics 4
4. Definición de obxectivos
5. Métricas e KPI's para a toma de decisións

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.