Eventos
Eventos
Buscador
21/03/2019 17:00
Instagram é unha das redes sociais que hoxe en día está máis de “moda” sobre todo no ámbito do turismo. Implementando unha boa estratexia de márketing poderás atraer a un público máis cualificado e alongar a súa experiencia co teu produto. Calquera usuario, ao ver unha imaxe en Instagram dalgún produto/destino/establecemento turístico, pode sentir a necesidade coñecerche, converténdose tamén nun prescritor a túa marca, contando a súa experiencia coas súas propias imaxes. Índice de contidos: • Introdución. • Guía rápida de creación da túa conta en Instagram para empresas. • Consellos de uso para gañar visibilidade. • Ferramentas para optimizar a presenza do teu negocio. • Publicidade en Instagram: Instagram ads e “ Instagram stories" O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
21/03/2019 18:00
O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
21/03/2019 18:00
A analítica web é unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento dos usuarios no noso sitio web para que podamos mellorar a súa experiencia e conseguir os nosos obxectivos. Obtendo esta información e interpretándoa correctamente, poderemos chegar á toma de decisións óptima e corrixir pautas para mellorar os nosos obxectivos comerciais. Índice de contidos: • Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web • Como funciona Google Analytics? • Creación dunha conta e código de seguimento • Conceptos e métricas básicas • Os obxectivos – Embudes de conversión • Informes estándar • Informes personalizados O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
21/03/2019 19:00
Hoxe en día triunfa o contido efémero nas redes sociais: contidos numerosos, de consumo rápido e cunha calidade inferior á do contido permanente. Por que se fixo tan popular este formato? Neste taller responderemos a estas preguntas e coñeceremos como crear este tipo de contido a través das Historias ( Stories) de Facebook e Instagram, sempre integrados na nosa estratexia de márketing. Índice de contidos: • Importancia do contido efémero en RRSS: As "" Stories"" • Facebook Stories • Instagram Stories • Estratexia de contidos O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
O obxectivo deste taller é dar a coñecer dúas ferramentas de Google, enfocadas a negocios locais que busquen unha maior visibilidade. Google My Business e Google Adwords Express están pensados para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Geolocalización e as procuras que os seus potenciais clientes poidan facer, empregando o buscador de Google. Índice de contidos: "• Google My business o Que é? o Servizos que oferta o Como funciona? o Vantaxes • Google Adwords Express" o Qué é? o Como funciona? o Vantaxes • Diferenzas entre Google Adwords e Google Adwords Express • Coste dos servizos O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
21/03/2019 19:00
Con este obradoiro queremos concienciar de que o uso do 3D en audiovisual non é só cousa de grandes corporacións, campañas de márketing ou produtoras, senón que, autónomos e pequenas empresas poden beneficiarse das súas vantaxes e posibilidades para realizar vídeos máis atractivos e interesantes. Para iso, analizaremos o proceso de realización e produción audiovisual, programas de edición de vídeo e de animación 3D. Índice de contidos: •Vídeo corporativo ou promocional? •Proceso de realización e produción audiovisual. •Tipos de montaxe. •Tipos de planos, movemento de cámara, ritmo, etc. •Audio ou Banda sonora. •Programas e proceso de edición de vídeo. •Vantaxes e posibilidades do 3D nos meus vídeos. •Programas e proceso de animación 3D. O obradoiro será impartido por Sabela Muñiz, creativa multidisciplinar e CEO en Alobre 3D, empresa dedicada ao desenvolvemento de solucións en 3D aplicadas ao márketing e comunicación empresarial.
21/03/2019 19:00
Imos coñecer a técnica coñecida como Bokeh, que consiste no efecto óptico mediante o cal enfocamos ben o elemento principal e deixamos o resto dos elementos desenfocados, normalmente luces desenfocadas, resultando por ela unha técnica práctica para conseguir que as túas fotos resalten este nadal. Índice de contidos: - Que é o bokeh? - Como se consegue ese desenfoque? - Bokeh con smartphones - Mellora a túa composición utilizando esta técnica - Bokeh con formas, que necesito? O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Rexistro
Calendario eventos
« | Marzo 2019 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, ransomware e suplantación de Identidade06 de maio de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes II07 de maio de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, que son as cookies e como xestionalas08 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, uso da VPN13 de maio de 2024 10:30Máis información
- Márketing Dixital en TikTok14 de maio de 2024 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento