
A LANZADEIRA DO TEU NEGOCIO
SERVIZOS SMARTPEME
IMPULSAMOS A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO
Qué é SmartPeme?
SmartPeme+ é unha rede de oficinas na provincia de Pontevedra que lles ofrece asesoramento tecnolóxico gratuíto e personalizado a persoas autónomas, pemes e startups. O noso equipo especializado acompáñate para mellorar a dixitalización e a competitividade do teu negocio con solucións prácticas adaptadas ás túas necesidades.
Asesoramento
Ofrecemos asesoramento personalizado para axudarche a dixitalizar o teu negocio de forma práctica e adaptada ás túas necesidades. Apoiámoste en aspectos clave coma a xestión de redes sociais, a creación e mellora de páxinas web, o uso de ferramentas dixitais ou a optimización da túa presenza en liña. O servizo préstase tamén de forma telemática para que poidas resolver as túas dúbidas e avanzar na dixitalización do teu negocio de maneira áxil, cómoda e sen necesidade de desprazarte, esteas onde esteas.
Puntos SmartPeme
Dispoñemos de varias oficinas na provincia de Pontevedra (Ponteareas, Vigo e Pontevedra) desde as que ofrecemos asesoramento TIC especializado. Desde estes puntos achegámoslles a dixitalización e a innovación empresarial a persoas autónomas, emprendedoras e pemes, facilitando o acceso a solucións tecnolóxicas adaptadas a cada negocio.
Tamén che pode interesar
OS NOSOS SERVIZOS
ASESORAMENTO TIC

Servizo de asesoramento personalizado para axudar as persoas autónomas, pemes e persoas emprendedoras a incorporar solucións tecnolóxicas que melloren a súa competitividade, produtividade e presenza dixital.
SMARTPEME IMPULSA

Programa de acompañamento especializado para levar adiante proxectos empresariais mediante asesoramento estratéxico, innovación, dixitalización e identificación de novas oportunidades de crecemento.
ASESORAMENTO TELEMÁTICO

Servizo de asesoramento a distancia que permite acceder ao apoio especializado do equipo de SmartPeme de forma áxil e flexible, sen necesidade de desprazamentos, mediante ferramentas de comunicación en liña.