FAQ

Tes algunha dúbida? Visita as nosas preguntas frecuentes

Os nosos servizos

1. Asesoramento TIC

O servizo de asesoramento TIC está dirixido a persoas autónomas, pemes e persoas emprendedoras que desexan incorporar a tecnoloxía como unha ferramenta para mellorar a súa actividade. A través de sesións personalizadas, analízanse as necesidades de cada proxecto e propóñense solucións adaptadas para optimizar procesos, reforzar a presenza dixital, incrementar a produtividade e aproveitar as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías.
O equipo de SmartPeme acompaña as empresas na toma de decisións tecnolóxicas, facilitando orientación práctica e axudando a identificar as ferramentas máis adecuadas para cada caso.

2. SmartPeme Impulsa

SmartPeme Impulsa é un servizo de acompañamento especializado orientado a impulsar o crecemento e a consolidación de proxectos empresariais. O seu obxectivo é apoiar as empresas na definición da súa estratexia, na identificación de oportunidades de mellora e na posta en marcha de iniciativas que contribúan á súa competitividade e sostibilidade.
Mediante un enfoque personalizado, préstase asesoramento en ámbitos coma a innovación, a transformación dixital, a planificación empresarial ou a optimización de modelos de negocio, ofrecendo apoio experto en cada fase do proceso.

A quien va dirigido?

A Pemes

A persoas emprendedoras

A persoas autónomas

Cales son os puntos SmartPeme?

Pontevedra

Vigo

Ponteareas

3. Asesoramento telemático

O servizo de asesoramento telemático permite acceder ao apoio especializado de SmartPeme de forma áxil, cómoda e sen necesidade de desprazamentos. A través de sesións en liña, as persoas usuarias poden resolver dúbidas, recibir recomendacións personalizadas e avanzar nos seus proxectos desde calquera lugar.
Esta modalidade facilita unha maior flexibilidade na atención, mantendo a mesma calidade e proximidade do asesoramento presencial e adaptándose ás necesidades e dispoñibilidade de cada empresa ou persoa emprendedora.

Contacto

Se tes alguna dúbida ou suxestión podes usar o noso formulario de contacto: