Que é SmartPeme

Unha rede de oficinas situadas nas diferentes comarcas da provincia de Pontevedra, atendidas por asesores especialistas,  onde se presta un servizo de información e asesoramento gratuíto, presencial e personalizado sobre as TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), as Novas Tecnoloxías e a mellora da competitividade empresarial.
 

A quen vai dirixido

A todas as pemes, persoas emprendedoras e autónomas da provincia de Pontevedra que desexen mellorar a eficiencia, produtividade e competitividade dos seus negocios
 

MAPA DE PUNTOS SmartPeme

Cales son os servizos

Smartpeme comezou no ano 2016 como un servizo de asesoramento no uso das TIC ao tecido empresarial. 
A necesidade de seguir axudando ás empresas da provincia xerou a aparición de novos servizos que consolidan e impulsan a rede.
 
Smartpeme Impulsa ofrece asesoramento e capacitación na mellora da competitividade global dos negocios. As temáticas que se abordarán coincidirán coas  necesidades máis relevantes para toda empresa en materia de crecemento empresarial, innovación e internacionalización
 
TurisTIC, enfocado no asesoramento tecnolóxico específico para o sector turístico, dada a relevancia que ten o sector na provincia. Busca axudar a mellorar o uso e a adaptación dixital das empresas do sector, dotándoas de ferramentas para mellorar a súa competitividade e eficiencia. 
 

Puntos SmartPeme

A rede de puntos Smartpeme está composta por sete centros, distribuídos estratexicamente por toda a provincia de Pontevedra, para achegar os servizos de Smartpeme á porta dos negocios das persoas autónomas, emprendedoras e pemes.
 
O Centro Provincial de Economía Dixital (CPED) situado en Barro-Meis potencia os servizos do resto de oficinas cunha oferta ampliada de servizos TIC avanzados.

Preguntas frecuentes

Nos puntos SmartPeme daremos resposta a dúbidas como:
  • Como podo aforrar nos gastos de comunicación?
  • Que é preciso para conectarme a internet?
  • É seguro operar coa banca online?
  • Que utilidade ten a sinatura electrónica?
  • Que me proporciona e que vantaxes ten o comercio electrónico?
  • Podo xestionar eu mesmo as redes sociais da miña empresa?
  • Cales son as ferramentas informáticas de xestión?
  • Como podo emitir facturas electrónicas?
  • Que subvencións e axudas teño para incorporar as TIC á miña pequena empresa?
  • Como aplico as Novas Tecnoloxías ó meu negocio?

Calendario de eventos

« Xullo 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento