Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

A xerarquía dentro dun deseño é o orden e a importancia de certos elementos fronte a outros, isto quere dicir que segundo o que queramos comunicar a través dun deseño temos certos métodos de facer ca nosa visión dirixase a onde queramos, creando un camiño visual a través do deseño que creamos.
A xerarquía está presente en todo tipo de deseños, dende a papeñería de empresa,deseño de envases, tarxetas de visita, ata publicacións de redes sociais e estructuras de páxinas web.
Neste obradoiro veremos que métodos podemos utilizar para xerar máis atención visual e analizaremos deseños para poder aplicalos despois aos nosos propios deseños.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Obradoiro telemático a través de Zoom

Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos tratará de mostrar os pasos necesarios a seguir para que unha idea se converta nun negocio. Veremos a importancia de xerar unha marca rodeada de valores que nos fagan únicos e identificables no mercado e como seguir unha estratexia para alcanzar o noso obxectivo. Tamén veremos a importancia de atender a unha serie de consideracións iniciais para minimizar os riscos.
Contidos:
• Definir o modelo de negocio
• Branding
• Ferramentas para usar
• A estratexia de contido
• Análise dos resultados
• A comunidade e a miña reputación en liña

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.

Inscricións a través da seguinte ligazón: