Eventos
Eventos
Buscador
30/01/2020 19:00
Linkedin é unha das redes sociais mellor e máis valoradas por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede de contactos profesional. Orientada a reforzar e a ampliar as túas conexións profesionais e de negocios, Linkedin sitúase como unha das redes sociais principais que toda empresa debería manexar. Por iso, este taller ten como obxectivo coñecer a rede social, como funciona e como aprender a sacarlle o maior partido posible. Índice de contidos: • Introdución a LinkedIn • Como funciona LinkedIn • Optimización de perfil • Xeración de rede de contactos • Creación de páxina de empresas • Recomendacións finais O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
30/01/2020 19:00
Parte II do Obradoiro Design Thinking Este obradoiro, dirixido a pemes, autónomos e emprendedores, centrarase nas ferramentas máis prácticas do Design Thinking que tan ben funcionaron na parte I. A metodoloxía Design Thinking está dirixida a facer cambios e melloras reais nos procesos e servizos das empresas de cara a darlle un novo pulo o seu negocio. Non son necesarios coñecementos previos nin haber participado na parte I do obradoiro. Contidos: • Beneficios do Design Thinking para pemes e autónomos. • Técnicas mais útiles e recomendadas. • Como aplico a metodoloxía no meu negocio. • Aplicación de ferramentas Design Thinking para aumentar a proposta de valor da miña empresa. • Prácticas. O obradoiro será impartido por Xosé Comesaña, consultor e deseñador con mestrados en comunicación e marketing e con máis de 15 anos de experiencia dirixindo proxectos para clientes como PSA Peugeot-Citroën, Pescanova, Cortefiel...e moitas outras pemes e autónomos.
30/01/2020 19:00
Neste taller levaremos a cabo unha práctica con MailChimp tras entender a parte teórica do proceso de creación dunha estratexia de email márketing. Veremos como elaborar unha campaña con esta ferramenta paso a paso. Índice de contidos: 1. Crea unha conta gratuíta en MailChimp 2. Crea unha campaña de email 3. Contido: estrutura e persoais 4. Audiencia: público obxectivo 5. Informes O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Este obradoiro ten por obxectivos expor as vantaxes dunha xestión eficaz do tempo de cara a mellora da produtividade laboral, así como dar a coñecer as ferramentas adecuadas para esa xestión do tempo e a organización do traballo. Índice de contidos 1º Trello • Que é? • Por que empregalo? • Comezando con Trello 2º Outros xestores de proxectos e tarefas 3º TOGGL: Contador de tempo O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
Rexistro
Calendario eventos
« | Xuño 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- O teu plan de márketing dixital paso a paso12 de xuño de 2024 11:00Máis información
- Así funciona WhatsApp Business20 de xuño de 2024 11:00Máis información
- Social Media Listening: descobre que se di de ti nas RRSS25 de xuño de 2024 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento