Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

O Real Decreto 933/2021 establece novas obrigacións de rexistro de viaxeiros ademais dun novo trámite para a súa comunicación. A norma aplica a todo tipo de operadores turísticos, públicos ou privados, plataformas dixitais e persoas físicas non profesionais a obrigación de identificar ante as autoridades aos hóspedes aos que alugan os seus aloxamentos.
Ante esta situación faise máis necesario que nunca contar con ferramentas dixitais que axuden aos aloxamentos para cumprir a normativa, afórrennos tempo e faciliten unha boa experiencia aos nosos clientes.

Índice:

1. Real Decreto 933/2021.
2. Alta/rexistro na plataforma do Ministerio de Interior ses.hospedaxes.
3. Automatización do rexistro de viaxeiros.

O obradoiro será impartido por Víctor José Longo Rodríguez, socio da empresa Partee e graduado en enxeñería de telecomunicación pola Universidade de Vigo.

Calendario eventos

« Maio 2023 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31