Eventos
Eventos
Buscador
Obradoiro telemático a través de Zoom. As actividades no destino xa representan o terceiro compoñente do gasto turístico a nivel mundial. Comparado con outros segmentos da industria turística, o espazo de experiencia segue a ser un mercado fragmentado. Con cifras de negocio en constante crecemento, as grandes OTA fan un firme compromiso coa compra de portais especializados en liña e promoven este segmento con importantes partidas orzamentarias dedicadas á publicidade. Este obradoiro está dirixido a empresas turísticas que inclúen diversos servizos de ocio e entretemento para viaxeiros, turistas e para a poboación local. Índice de contidos: . Introdución . Marketing directo. . Optimización de canles en liña. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.