Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Este obradoiro ten un dobre obxectivo, por unha banda, concienciar ao usuario dos posibles riscos ao facer uso da internet e doutra banda tomar unha serie de contramedidas básicas que nos axudarán a estar máis protexido cando naveguemos pola rede.

Índice de contidos:

- Actualización do software- Windows Update
- Copias de seguridade, Duplicati - Copia de seguridade en win 10
- Antivirus – Windows Defender

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Chamamos inbound márketing á metodoloxía non intrusiva, baseada en técnicas do márketing e a publicidade dixital, que ten como obxectivo comunicarse cun usuario desde que coñece a nosa marca, acompañándoo ata a conversión ou venda final.

- Que é o inbound márketing?
- Márketing tradicional e inbound márketing
- Activos de inbound márketing
- Márketing de atracción
- Metodoloxía e Etapas
- Coñece ao teu Buyer persoa

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.