Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Un informe do 2019 de Statista viña a confirmar que máis do 75% das empresas e negocios B2B están presentes en Twitter e o seu uso principal é para realizar tarefas de márketing. Este feito significa que Twitter supera a YouTube, Instagram, Pinterest e Snapchat. Pero, debería estar nesta rede social de microblogging? Esta rede social pódeche axudar a conseguir novos clientes, fidelizar e acadar maior tráfico cara a túa web. Neste obradoiro veremos como mellorar e optimizar o noso perfil empresarial: mellorar a biografía do perfil, como responder aos tweets ou mención, que contido xerar e compartir, consellos… 

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Obradoiro telemático a través de Zoom

A fotografía de produto é o escaparate do noso local no mundo on- line, por iso debemos ser coidadosos á hora de realizar as nosas fotografías, coidar os detalles a luz e a composición son os factores máis importantes da nosa fotografía.

Da calidade da nosa imaxe dependerá a capacidade de aceptación ou desexo de consumir os nosos produtos ou servizos. Neste taller repasaremos as claves e os elementos que debemos utilizar para realizar unha boa fotografía de produto.

Índice de contidos:
1. Que é a fotografía de produto?
2. Claves para conseguir a fotografía perfecta.
3. Que necesitamos para facer boas fotografías de produto?
4. Elementos para realizar as fotografías.
5. Requisitos de tendas on- line (tamaños, calidade, etc.)
6. Práctica de edición como programa on- line.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.

Inscricións a través da seguinte ligazón:

Calendario eventos

« Setembro 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30