Eventos
Eventos
Buscador
11/09/2020 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Obtén o valor dos teus datos con Google Data Studio Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o uso de Google Data Studio onde se poderán unificar e conectar os datos obtidos nas distintas ferramentas de Google; e outras plataformas e formatos externas, para elaborar informes globais dunha empresa. Deste xeito, poderás visualizalos de forma sinxela e intuitiva, compartilos ou editalos en tempo real. Contido: 1. Que é Google Data Studio? 2. Primeiros pasos para configurar Google Data Studio 3. Coñecendo o editor de Google Data Studio 4. Crear informes a partir dun persoal 5. Crear informes personalizados desde cero + informes en PDF 6. Limitacións de Google Data Studio + Resumo Nivel: Intermedio O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce. Inscricións a través da seguinte ligazón: