Eventos

Buscador

    a
Con Onshape iniciamos unha serie de talleres formativos en liña.

Onshape é un software de debuxo 3D na nube, ten unha interface sinxela e intuitiva que facilita a súa aprendizaxe, funciona nun navegador web e ten unha versión gratuíta. O obxectivo deste itinerario formativo é permitir ao usuario usar o software facendo diferentes debuxos que realizaremos paso a paso. O itinerario consta de 10 sesións dunha hora cada unha e divídese en tres seccións, PartStudio, Assembly e un proxecto de desenvolvemento completo.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.

Calendario eventos

« Outubro 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31