Eventos
Eventos
Buscador
28/02/2019 19:00
O obxectivo deste taller é dar a coñecer dúas ferramentas de Google, enfocadas a negocios locais que busquen unha maior visibilidade. Google My Business e Google Adwords Express están pensados para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Geolocalización e as procuras que os seus potenciais clientes poidan facer, empregando o buscador de Google. Índice de contidos: • Google My business o Que é? o Servizos que oferta o Como funciona? o Vantaxes • Google Adwords Express o Que é? o Como funciona? o Vantaxes • Diferenzas entre Google Adwords e Google Adwords Express • Coste dos servizos O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
28/02/2019 19:00
Con este taller coñecerás as pautas de como se planifica un evento en redes sociais e cales son os aspectos que debes ter en conta para organizalo, as accións que debes realizar na produción e na post-produción para promocionar o evento e que sexa todo un éxito. Os eventos son unha gran ferramenta de comunicación para o teu negocio xa que potencias a túa imaxe, fidelizas e captas novos clientes. Para facer unha promoción perfecta do teu evento -sexa cal for-, existen tres etapas fundamentais, as cales teñen o seu lugar nas redes sociais. Índice de contidos: • Factores a ter en conta antes de organizar un evento (Tipos de evento, público obxectivo, creatividade, programa do evento, etc) • Fase de pre-evento en redes sociais: planificación e preparación • Acciones durante o evento (creación de hashtag, como usar Facebook Live, Periscope ou Stories) •Accións post-evento (Agradecementos, monitoraxe de hashtag, reporte de actividade online O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
28/02/2019 19:00
Aprenderás con estes plugins ha realizar copias de seguridade da túa web, traducir a túa web a varios idiomas, ampliar as ferramentas de ortografía, formatos e fontes nas túas entradas e páxinas, realizar pop ups, descarga de documentos en diferentes formatos, dar distintos roles e permisos á hora de administrar a nosa web, mellora a rapidez de carga, asesor de cookies, posicionamento, galerías de imaxes, creador de logotipos. Seguro que poderás mellorar a túa web e ampliar os teus coñecementos á hora de coñecer todo este tipo de axudas e vantaxes. Índice de contidos: • Que é un Plugin de WordPress? • Instalación de Plugins en WordPress • Listas de plugin, función, nome e autor • Vídeos de manexo e configuración dos plugins O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
28/02/2019 19:00
Dar a coñecer a relevancia e o peso que están a tomar a impresión 3D e a Robótica nas PEMES e o que SmartPeme esta facendo para facilitar o acceso a estas tecnoloxías a Pemes, autónomos ou profesionais. Índice de contidos: 1. Introdución, industria 4.0 2. Tendencias da Impresión 3D na industria 3. Tendencias da Robótica na industria 4. SmartPeme Barro-Meis O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
28/02/2019 19:00
Con este taller queremos concienciar de que o uso do 3D en audiovisual non é só cousa de grandes corporacións, campañas de márketing ou produtoras, senón que, autónomos e pequenas empresas poden beneficiarse das súas vantaxes e posibilidades para realizar vídeos máis atractivos e interesantes. Para iso, analizaremos o proceso de realización e produción audiovisual, programas de edición de vídeo e de animación 3D. Índice de contidos: - Vídeo corporativo ou promocional? - Proceso de realización e produción audiovisual. - Tipos de montaxe. - Tipos de planos, movemento de cámara, ritmo, etc. - Audio ou Banda sonora. - Programas e proceso de edición de vídeo. - Vantaxes e posibilidades do 3D nos meus vídeos. - Programas e proceso de animación 3D. O obradoiro será impartido por Sabela Muñiz, creativa multidisciplinar e CEO en Alobre 3D, empresa dedicada ao desenvolvemento de solucións en 3D aplicadas ao márketing e comunicación empresarial.
Rexistro
Calendario eventos
« | Xuño 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- O teu plan de márketing dixital paso a paso12 de xuño de 2024 11:00Máis información
- Así funciona WhatsApp Business20 de xuño de 2024 11:00Máis información
- Social Media Listening: descobre que se di de ti nas RRSS25 de xuño de 2024 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento